viernes, 15 de mayo de 2009

17 de Maio, Dia Das Letras Galegas


Deica entón -deica os 6 anos- a miña lingua única fora o galego, así que o choque máis importante que me produciu a escola foi o cambio de lingua. O escolante, que era de Lugo, falaba en castelán dentro e fóra da escola e falábao con todo o mundo, mesmo que fosen nenos ou vellos, homes ou mulleres, labregos ou cregos. Non facía a menor concesión. Falaba en castelán coa intransixente firmeza de quen cumpre un alto e sagrado deber. [...] a utilización ríxida dunha lingua distinta da nosa, dunha lingua que 'excluía' a nosa, dáballe unha autoridade extraña, unha autoridade que [...] en lugar de establecer a 'superioridade persoal' do mestre trataba de establecer a nosa 'inferioridade colectiva'. E non só a nosa inferioridade en canto escolares senón a inferioridade nosa en canto galego falantes. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).

No hay comentarios:

Publicar un comentario